29 de mayo de 2015

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: A IDADE ANTIGA

MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS






Actividades para celebrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas:

          -Traballos individuais ou colectivos para coñecer a figura de Xosé Figueira Valverde, que é o homenaxeado do Día das letras Galegas 2015 (Historiador, escritor, político e etnógrafo que naceu en Pontevedra no 1906).
Para obter máis información sobre o tema podemos buscar información na web.

Actividades en liña - Seminariogalan.org

 






-Concurso de narración. Tema: Galicia

 

   Os textos narrativos contan feitos reais ou imaxinarios que lle ocorren a uns personaxes.

Os textos narrativos teñen os seguintes elementos:

- Narrador. É quen conta a historia

-Personaxes. Poden ser protagonistas e secundarios.

-Marco. Tempo e espacio no que ten lugar a historia.

-Trama. O que lle sucede aos personaxes.

Divídense en tres partes: presentación, nó e desenlace.


Entrega 19 de maio
Os alumnos de Infantil, 1º e 2º de primaria poderán participar con un debuxo ou  narración colectiva

-15 de maio: festival letras galegas

-21 de maio: lectura colectiva no patio

-22 de maio: lectura das narracións premiadas

-27 de maio: animación Consorcio


-28 de maio: contos de Labarta Pose

1 de mayo de 2015

ABRIL

ABRIL: MES DO LIBRO
Do 13 ao 30 de abril

Actividades para celebrar o Día do Libro:


-        Concurso de cómic
Contar unha historia nunha serie de viñetas. As viñetas conteñen debuxos, bocadillos coas palabras dos personaxes e pode ter unha liña narrativa que complete a historia.
    Tema: Contos Populares
    Entrega: 15 de abril
    Exposición dos premiados na Biblioteca Amarela

-        20 de abril : Animación á Lectura para Primaria
           Viky Pérez converterá aos alumnos de primaria  en protagonistas   
      dos contos que, previamente  traballaron.
         1º e 2º .- 10:00-10:50- Mamá Elefante es genial
         3º e 4º.-  10:50-11:40- Leyendas sobre dragones
         5º e 6º.-  12:10-13:00- Gus Weller rompe el molde.





-        Do 20 ao 22 de abril Lectura de Aventuras do Quixote
 Para conmemorar o IV centenario da publicación da  segunda parte do Quixote, alumnos de 4º, 5º e 6º farán de padriños e madriñas lendo algún capítulo da obra de Cervantes.
-         20 de abril: alumnos de 4º  á clase de 1º.
-         21 de abril: alumnos de 5º  á clase de 2º
-         22 de abril: alumnos de 6º á clase de 3º

-        23 de abril: Dramatización de contos
      Alumnos de 5º e 6º dramatizarán contos para o alumnado de Infantil, 1º e 2º.
     .  15:00- 15:30 - 1º e 2º de primaria

     .  15:30- 16:00 – Infantil





MARZO

MARZO: POESÍA E  NATUREZA


8 de marzo: día da muller traballadora.

Durante a semana do 2 ao 8 de marzo realizaremos tarefas para celebrar o día da muller traballadora, en memoria da aspiración de tantas mulleres por formar parte activa da sociedade e ser consideradas iguais que os homes.
-          Elaboración de traballos sobre mulleres que, desde diversos ámbitos, melloraron a nosa existencia: Hipatia, Marie curie, Rosalía de Castro, , María Montessori, Frida Kahlo,…
-          Entrevistas a mulleres que están realizando actividades que habitualmente facían homes:  camioneiras, condutoras de autobuses, taxistas,…


Do 9 ao 13 de marzo: semana da prensa

Un día desta semana traballaremos na aula con xornais para acercar aos alumnos a este tipo de textos, descubrir a diversidade de medios de información, reforzar a lectura e a escritura e desenvolver o espírito crítico.









11 de marzo: merenda con contos

Faladoiro sobre os libros lidos polos alumnos de:
3º- Querida Susi, querido Paul de Christine Nöstlingher
4º- Querida abuela…tu  Susi de Christine Nöstlingher
5º- Bárbara contra el doctor Colmillos de Rosa Montero
6º- Mil cousas poden pasar de Jacobo Fernández















21 de marzo: día da árbore e día da poesía
Celebraremos este día para reflexionar sobre o poder da linguaxe poética e o florecemento das capacidades creadoras de cada persoa.
 O principal obxectivo é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar oportunidade ás linguas ameazadas a ser un vehículo de comunicación nas súas comunidades respectivas.



A Biblioteca convoca un concurso de poesías:
-          Tema:  A Natureza
-          Idioma : Galego
-          Entrega: 19 de marzo
-          Lectura dos premiados: 26 de marzo na Biblioteca Amarela





25 de marzo: Dramatización de ORELLAS DE BOLBORETA E OS TRES PORQUIÑOS Biblioteca para alumnos de E. Infantil, 1º e 2º.













FEBREIRO

FEBREIRO: MES DO AMOR

CONCURSO: CARTAS DE AMOR

Para comunicarnos por escrito coas persoas que non están con nós podemos escribir cartas.
Nunha carta escríbense o lugar e data na que se escribe, un saúdo, o corpo da carta, a despedida e a firma.


Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º poderedes participar neste concurso escribindo unha carta de amor
 ( para mamá, papá, irmáns, avós, amigo/a, mascota, etc. ) e entregarédela  ao titor/a antes do 19 de febreiro.


As dúas cartas, que cada clase seleccione, serán lidas na BIBLIOTECA AMARELA o xoves 26 de febreiro .
                         
Ánimo e a participar!




24 de febreiro: Día de Rosalía

Co gallo da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro (24 de febreiro de 1837) as Bibliotecas Escolares de Galicia veñen celebrando este día con diversas actividades para lembrar os poemas de Rosalía e manter viva a súa lembranza entre os máis novos.






PROPOSTA: Agasallar aos nosos seres queridos cun poema de Rosalía e unha flor.

XANEIRO

MES DA PAZ 

A Educación para a Paz forma parte da Educación para os Dereitos Humanos. Durante todo este mes traballamos no proceso de adquisición de valores e coñecementos, así como as actitudes, habilidades e comportamentos necesarios para conseguir a PAZ, entendida como vivir en harmonía con un mesmo, cos demais e co medio ambiente.

PADRIÑOS E MADRIÑAS 

O 30 de xaneiro os alumnos e alumnas maiores léronlles contos aos máis pequenos.







                                                                                                                                                           NANOCONTOS
Forma divertida de contar unha historia  completa con un principio, unha trama e un desenlace.
Conto en 70 palabras (excluída a puntuación e o título)

Data límite de entrega o 27 de xaneiro.
TEMA: A PAZ


 

14 de noviembre de 2014

DECEMBRO

Concurso de Contos de Nadal

O Nadal é unha época do ano moi especial. Para os nenos son días máxicos e para os maiores son momentos de recordos para recuperar o espírito infantil.

Cos Contos de Nadal traballamos valores como a solidariedade, o amor, a xenerosidade, compartir con quen ten menos que nos. Dar tamén nos fai felices.

Deixade voar a vosa imaxinación e creade  fermosas historias cheas de maxia e amor.

Os alumnos de  E. Infantil, 1º , 2º e 3º: Conto de Nadal por imaxes, (individuais  ou colectivos).



Os contos dos alumnos de  4º , 5º e 6º serán individuais,  en galego  e  ilustrados.